Os adolescentes están a dicir moitas cousas, o problema é que non sabemos interpretar correctamente o que comunican coa súa mirada, as súas expresións faciais, a súa postura, os seus xestos, a súa voz ou mesmo a roupa que visten. Este libro, apoiándose sempre en casos e exemplos concretos, achega as claves para aprender a «ler» o que os adolescentes expresan a través de canles non verbais, facilitando deste xeito a comprensión e o entendemento mutuo.
O RECUNCHO DAS FAMILIAS pretende axudarvos na vosa tarefa durante esta etapa educativa dos vos@s fill@s. A adolescencia e o seu mundo pode ser un período complicado desde ambos lados así que aquí intentaremos aconsellarvos lecturas ou publicacións que sexan do voso interese... Tamén vos recomendaremos diversos materiais que poidan resultarvos útiles e/ou curiosos Esperamos que sexa interesante para tod@s!
